Fundación Laxeiro
Descubre a obra pictórica de Laxeiro
A Fundación Laxeiro en Vigo é a mellor forma de descubrir a José Otero Abeledo. Máis coñecido como Laxeiro (Lalín, 1908–Vigo, 1996), este vigués de adopción é unha figura clave na historia da pintura galega.
A exposición permanente está integrada por máis de 60 obras deste artista, considerado o máximo representante do movemento coñecido como “Renovadores da vangarda histórica galega". Os seus integrantes foron protagonistas dunha renovación plástica que superaba o rexionalismo imperante na época e que situaba a identidade estética galega en consonancia coas tendencias europeas.
A Fundación Laxeiro atópase na emblemática Casa das Artes.
Se queres ver a exposición nunha visita guiada, reserva con dous días de antelación. Duran uns 40 minutos e fanse en grupos máximos de 20 persoas. Podes facer a reserva por teléfono ou por correo electrónico.
Información práctica
-
Casa das Artes
-
C/ Policarpo Sanz, 15
-
Teléfono:986 438 475
-
Correo electrónico: