Casa das Artes
Visita a casa das artes no Ensanche
O edificio da Casa das Artes está no centro da cidade, en pleno Ensanche e a 2 minutos do porto. Acolle diversas coleccións municipais permanentes: é a sede da Fundación Laxeiro, do Arquivo Fotográfico Pacheco e da Colección Torras, creada en 1998, froito da doazón realizada polo artista vigués Luis Torras e que representa a mellor selección da obra desenvolvida por este artista ao longo da súa traxectoria.
Polo seu contido e localización, é o mellor centro cultural de Vigo para unha rápida mirada sobre a arte e a fotografía histórica da cidade.
Romualdo de Madariaga deseñou en 1939 este fermoso edificio racionalista para albergar o Banco de España, ata que pechou na década dos 80. Dez anos despois converteuse na Casa das Artes, o principal espazo de Vigo para albergar exposicións temporais municipais.
Consulta, ademais, a programación de exposicións temporais.
Información práctica
-
C/ Policarpo Sanz, 15
-
Teléfono:986 439 525 / 986 438 446
-
Fax:986 437 713
-
Correo electrónico: