Festival Folclórico Internacional
Baila coas músicas do mundo en Vigo
Baila coas músicas do mundo en Vigo
O Festival Folclórico Internacional é unha aposta pola diversidade cultural, un vistoso intercambio entre artistas de música e danza de países tan diversos como Costa Rica, Senegal ou Rusia e grupos de danza tradicional galega.
As actuacións teñen lugar durante a primeira semana de agosto en distintos barrios vigueses e contan cun gran acto central no auditorio Mar de Vigo. Durante seis días a cidade énchese de música e danza e acolle ata catorce actuacións gratuítas, dentro do programa das Festas de Vigo.
Pistas e recomendacións:
A entrada das actuacións é gratuíta.