Festa do mexillón
Degusta en Vigo o auténtico mexillón de batea
O mexillón é o rei da ría de Vigo. Cultivado con coidadas técnicas tradicionais nos centenares de bateas que salpican a costa de Vigo, o mexillón pódese degustar de decenas de formas distintas. A Festa do Mexillón de Vigo, que se celebra cada setembro no parque de Castrelos, é a mellor forma de coñecer que é unha típica mexilonada. En palabras dun dos escritores galegos máis universais, Álvaro Cunqueiro: “(…) a mellor maneira de cocelos é ao vapor, ou en auga fervendo nunha ola, pero pouca auga, que o mexillón se faga na que solta. Pódense comer cocidos, en salpicón, en escabeche, con arroz, en empanada…”
O parque de Castrelos é un sitio ideal para visitar con nenos. Ademais, na parte alta está o Museo Quiñones de León, coa súa colección de arte galega e os seus románticos xardíns.
Información práctica
-
Festa do Mexillón
-
Parque de Castrelos, Avda. de Castrelos