CEMENTERIO DE PEREIRÓ, ENTRE O OLVIDO E A MEMORIA
venres, 8 Outubro 2021

Moitas persoas achéganse nestas datas a cemiterios e camposantos para lembrar e honrar a aqueles que xa non están entre nós. Así se manifesta a ancestral tradición que achega o mundo dos vivos e dos mortos unha vez recollidas as colleitas e co declinar da luz solar. Este sentir común recibe nomes diferentes en cada cultura: Samaín, Halloween, Defuntos, Santa Morte...
Pereiró é o maior cemiterio de Vigo. De propiedade municipal, foi proxectado por Jenaro de la Fuente a finais do s. XIX. A súa arquitectura e escultura funeraria alcanzan notable importancia e son relevantes os aspectos antropolóxico e históricos que garda.
Se queres coñecer este recuncho íntimo e misterioso da cidade, non te perdas as visitas guiadas de turismo cultural ao Cemiterio de Pereiró: Dª Concepción Arenal , Dª Irene Ceballos, Dª María dos Milagres Elduayen (marquesa de Valladares) e Don Bernardo González do Val (Cachamuiña) son os personaxes que che contarán a apaixonante historia da cidade de Vigo a través os seus panteóns e monumentos funerarios.
É unha experiencia inesquecible coñecer a cidade dos mortos, o Vigo que se foi para sempre, pero que pervive na memoria do Vigo vivo...
Como inscribirme ?
Se tes máis de 18 anos, podes facelo UNICAMENTE de forma telemática no seguinte link : rutascementerio.vigo.org
O prazo de inscrición comeza o martes,12 de outubro ás 09:00h. As inscricións ábrense semanalmente: a primeira semana a partir do martes 12 e as seguintes semanas, cada luns, sempre a partir das 9 da mañá.
Días de visita: 14, 15, 16, 17, 20, 21, 22, 23, 24, 26, 27, 28 de outubro de 2021 e 4, 5, 6, 7, 10, 11, 12, 13, 14 de novembro de 2021.
Número de prazas: Cada día haberá tres grupos de 25 persoas, con entradas graduadas ás 18:30, 19:00 e 19:30 h.
Duración: 90 minutos
Punto e hora de encontro: Porta principal Cemiterio de Pereiró 10 minutos antes do inicio de cada sesión
Normas COVID 19 para a visita:
- A visita está dirixida a público adulto, polo que será imprescindible ser maior de idade.
- Para controlar o aforamento da visita é imprescindible a reserva previa.
- As persoas asistentes presentaranse 10 minutos antes da hora de inicio da visita na entrada principal do Cemiterio de Pereiró.
- Deberán seguirse en todo momento as indicacións proporcionadas polo persoal responsable do grupo.
- Uso obrigatorio da máscara de protección sanitaria correctamente colocada (cubrindo as vías respiratorias)
- Procurarase manter a distancia social recomendada de 1,5m.
- Xel hidroalcohólico de uso obrigatorio á entrada ao cemiterio.
- As normas adaptaranse en todo momento ás pautas marcadas polas autoridades sanitarias e á lexislación vixente.
Chámanos para resolver as túas dúbidas ao teléfono 986 22 47 57 ou envíanos un email a turismodevigo@vigo.org.