Viños con D.O. Rías Baixas
Das Rías Baixas nacen os viños da Denominación de Orixe deste nome, cuxos caldos se producen cola variedade de uva albariño. Unha uva pequena, de mosto concentrado, moi aromática e froiteira que pode combinarse con outras variedades autóctonas, como treixadura ou godello. Os mellores viños brancos para maridar con pescados e mariscos.
Non deixes de probar en Vigo viños das outras 4 denominacións galegas: Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei. Descubrirás caldos de gran personalidade elaboración tradicional que hoxe se exportan a medio mundo.