Sala de exposicións CC Afundación
Goza da cultura nun edificio emblemático
O Centro Cultural Afundación foi o referente cultural máis importante de Vigo, ao que axudaron as súas magníficas instalacións: ten teatro, auditorio e sala de exposicións polo que, durante anos, foi o único escenario capaz de acoller todos os concertos de música clásica e as obras de teatro que chegaban a Vigo.
O edificio, de elegante estilo modernista, é un dos emblemas da arquitectura de Vigo. Proxectado polo arquitecto Antonio Palacios, hoxe sigue sendo unha das referencias culturais de Vigo, e sen dúbida o centro cultural que conserva o encanto máis clásico.
A sala de exposicións alberga unhas 10 mostras ao ano, accédese pola rúa Reconquista, unha das laterais. Consulta a programación do Centro Cultural Afundación.
Sube ao último piso do edificio e descubre as vistas da ría desde a fabulosa galería da biblioteca.
Información práctica
-
C/ Policarpo Sanz, 13
-
Teléfono:986 447 369
-
Correo electrónico: