Real Club Náutico de Vigo
O porto urbano no corazón de Vigo
Situado no centro da cidade, o Real Club Náutico de Vigo é o porto deportivo de Vigo máis emblemático: tratase dun club centenario que aínda marca o pulso social da cidade xa que, ademais de dar servizo ao viaxeiro náutico, ofrece un gran programa de actividades sociais, culturais e deportivas, con algunhas das competicións de vela e natación máis importantes de Galicia.
O porto deportivo do Real Club Náutico de Vigo conta con 436 amarres repartidos en 12 pantalóns con auga e electricidade; un varadoiro para 30 barcos, sauna, sala de exposicións, ximnasio e gardería. As súas completas instalacións tamén inclúen a que foi a primeira piscina cuberta climatizada de Galicia.
A súa primeira sede foi un barco de 3 paus fondeado na ría de Vigo, fronte ao peirao actual, chamado Aklosofic. No seu honor, o actual edificio ten unha singular forma de barco que chama a atención mentres paseas pola zona portuaria.
Información práctica
-
C/ As Avenidas, s/n
-
Teléfono:986 449 694
-
Fax:986 449 695
-
Correo electrónico: