A Porta do Atlántico
A Porta de Silverio Rivas na Praza de América
A Porta do Atlántico é un dos monumentos máis coñecidos de Vigo. O impresionante conxunto arquitectónico é unha homenaxe aos emigrantes galegos que partiron desde o Porto de Vigo cara a América. A obra do escultor galego Silverio Rivas está composta por tres bloques: a porta, que se apoia nun estanque, e outras dúas pezas, situadas ao principio da Gran Vía e da Avenida de Castelao. O monumento pesa 427 toneladas.
É a fonte escollida pola afección do Real Club Celta de Vigo para celebrar as vitorias do seu equipo, e na mesma praza instálase unha gran verbena ao aire libre en Noitevella.
A Praza de América é unha das maiores prazas de Vigo e separa a zona centro do resto das parroquias: desde ela nacen os barrios de Castrelos, Freixeiro e Coia, polo que terás que atravesala case seguro se queres moverte por Vigo.
Información práctica
-
Pza. de América