Pinacoteca F. Fdez del Riego
Un percorrido pola pintura galega
A Pinacoteca de Vigo é un espazo de arte imprescindible na cidade. Os fondos pictóricos da colección de arte municipal exhíbense desde 2011 nesta Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego, situado no antigo pazo Arias Taboada.
A colección ocupa 3 plantas e articulouse en torno á exposición de pintura galega O fermoso rostro do País, con obras desde a primeira metade do XIX a finais do século XX.
Ademais, o museo ten 2 salas temáticas, unha dedicada á pintura europea antiga e outra centrada no pintor galego Manuel Colmeiro.
A Pinacoteca de Vigo ocupa un fermosísimo inmoble na parte alta do barrio histórico, así que a súa visita é un plan excelente se decidiches pasar o día ruando polo centro da cidade.
Tes ademais moi preto a rúa peonil de Príncipe, a zona comercial máis concorrida de Vigo, e a milla de ouro cultural.
Información práctica
-
C/ Abeleira Menéndez, 8
-
Teléfono:986 295 070