O´Marisquiño

A cita coa cultura urbana en O´Marisquiño

O’Marisquiño é a gran cita coa cultura urbana en Vigo: skate, graffitis, break dance… Cada segunda fin de semana de agosto, miles de afeccionados e profesionais do skate e as acrobacias sobre dúas rodas reúnense en Vigo para participar nunha cita única: O’Marisquiño, o maior festival de cultura urbana do norte de España.

A espectacularidade do evento atrae cada ano a miles de curiosos: máis de 50.000 persoas acoden a Vigo esa fin de semana para ver as competicións de todas as disciplinas freestyle e, pola noite, gozar das súas festas de cultura urbana e concertos en Vigo. Trial, skate, descenso urbano en bici, acrobacias… o risco sobre rodas convive en Vigo durante dous días co break dance, os graffitis e concertos inesquecibles, como o de Public Enemy en 2011, incluído no programa das Festas de Vigo.

Pistas e recomendacións: 

Non tes que ser un fanático do skate para vir a Vigo a gozar de O’Marisquiño: as acrobacias son impresionantes e o ambiente que se vive na zona portuaria é único.

No festival O’Marisquiño todo é gratis, polo que podes programar a túa escapada a Vigo para gozar dunha fin de semana distinto, combinando praia, turismo e diversión no mesmo paquete.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica