ILUMINACIÓN E ATRACCIÓNS DO NADAL

ADORNOS NAVIDEÑOS XIGANTES ILUMINADOS

  • A ÁRBORE

 O gran símbolo do Nadal de Vigo atópase na Porta do Sol. Mide 35 metros de altura e acéndese a diaro ás 18:30h. A partir das 18:30 ofrece pases diarios de xogo de luces e música con os temas de  “Happy Xmas” de John Lennon , “All I want for Christmas is you”, de Mariah Carey, as bandas sonoras de Piratas do Caribe e “O último mohicano”.“Englishman in New York” de Sting e o “Vals número 2” de Dmitri Shostakovitch. 

  • CASTELO LUMINOSO

Atoparás este precioso adorno en Policarpo Sanz, moi preto da gran árbore de luz. O castelo mide case sete metros de altura e permite o acceso ao  seu interior para admirar mellor a súa estrutura metálica con lacados en ouro e paneis de metacrilato. Non deixarache indiferente!

  • A BÓLA

Situada na confluencia de Colón e Urzáiz, mide 12 metros de altura e é transitable no seu interior. 

  • O BONECO DE NEVE

Na rúa Vía Norte, atópase este gran adorno de 10 metros de altura e 7 de diámetro. Está rodeado de montañas de céspede, neve e tamén é transitable no seu interior.

  • A ESTRELA FUGAZ

Trátase dunha estrela xigante de 17 metros de longo situada na rúa García Barbón.

  • O AGASALLO

As súas grandes dimensións non deixan a ninguén indiferente, mide 17 metros de altura, 10 de anchura e 9 de fondo. Pódese pasear polo seu interior e atoparalo no cruzamento de Gran Vía con Urzáiz. 

  • O LOGO

Un dos puntos selfies imprescindibles do Nadal. Está situado ao comezo da rúa Urzáiz e combina os símbolos máis rechamantes da ornamentación do Nadal na palabra VIGO. 

ATRACIÓNS

  • A NORIA

É a atracción por excelencia do Nadal en Vigo. Situada na rúa Colón, a nora é un dos elementos estrela da cidade nestas datas. Desde os seus 60 metros de altura, poderás gozar das luces do Nadal de Vigo desde o alto, ademais de contemplar as impresionantes vistas da Ría de Vigo desde o aire.  Horario:

  • Laborais: de 17:00 a 22:30. Do 21 de decembro ao 16 de xaneiro, peche ás 23:00.

    Venres, sábados e vésperas de festivos: de 11:00 a 00:30.

    Domingos e festivos: de 11:30 a 23:30.

    24 e 31 de decembro: de 11:00 a 20:00. 5 de xaneiro: apertura ás 11:00, peche ás 22:00.

   

  • CARRUSEL VENECIANO

Ubicación: Praza da Alameda

Horarios:

Laborais: de 17:00 a 22:30. Do 21 de decembro ao 16 de xaneiro, peche ás 23:00.

Venres, sábados e vésperas de festivos: de 11:00 a 00:30.

Domingos e festivos: de 11:30 a 23:30.

24 e 31 de decembro: de 11:00 a 20:00. 5 de xaneiro: apertura ás 11:00, peche ás 22:00.

  • VIALIA SOBRE XEO

Dúas pistas de xeo: unha para nenos (200 metros cadrados) e outra para adultos (540 metros cadrados). Tamén haberá unha pista de trineos de aproximadamente 7 metros de altura e 25 metros de lonxitude.

Localización: Explanada do Centro Comercial Vialia

Horarios:

Laborais: de 17:00 a 22:30. Do 21 de decembro ao 16 de xaneiro, peche ás 23:00.

Venres, sábados e vésperas de festivos: de 11:00 a 00:30.

Domingos e festivos: de 11:30 a 23:30.

24 e 31 de decembro: de 11:00 a 20:00. 5 de xaneiro: apertura ás 11:00, peche ás 22:00.

Entradas: vigoplan.com

  • PISTA DE XEO E KARTS DE SAMIL

Localización: Avda. de Samil 73

Datas: do 28 de novembro ao 31 de xaneiro

Horarios:

Laborais: de 17:00 a 22:30. Do 21 de decembro ao 16 de xaneiro, peche ás 23:00.

Venres, sábados e vésperas de festivos: de 11:00 a 00:30.

Domingos e festivos: de 11:30 a 23:30.

24 e 31 de decembro: de 11:00 a 20:00. 5 de xaneiro: apertura ás 11:00, peche ás 22:00.

Entradashttps://entradas.vigoplan.com/es/tu-vigo-plan/pista-de-hielo/