ILUMINACIÓN E ATRACCIÓNS DO NADAL
ADORNOS NAVIDEÑOS XIGANTES ILUMINADOS
- A ÁRBORE
O gran símbolo do Nadal de Vigo atópase na Porta do Sol. Mide 35 metros de altura e acéndese a diaro ás 18:30h. A partir das 18:30 ofrece pases diarios de xogo de luces e música con os temas de “Happy Xmas” de John Lennon , “All I want for Christmas is you”, de Mariah Carey, as bandas sonoras de Piratas do Caribe e “O último mohicano”.“Englishman in New York” de Sting e o “Vals número 2” de Dmitri Shostakovitch.
- CASTELO LUMINOSO
Atoparás este precioso adorno en Policarpo Sanz, moi preto da gran árbore de luz. O castelo mide case sete metros de altura e permite o acceso ao seu interior para admirar mellor a súa estrutura metálica con lacados en ouro e paneis de metacrilato. Non deixarache indiferente!
- A BÓLA
Situada na confluencia de Colón e Urzáiz, mide 12 metros de altura e é transitable no seu interior.
- O BONECO DE NEVE
Na rúa García Barbón, atópase este gran adorno de 10 metros de altura e 7 de diámetro. Está rodeado de montañas de céspede, neve e tamén é transitable no seu interior.
- A ESTRELA FUGAZ
Trátase dunha estrela xigante de 17 metros de longo situada na rúa García Barbón.
- O AGASALLO
As súas grandes dimensións non deixan a ninguén indiferente, mide 17 metros de altura, 10 de anchura e 9 de fondo. Pódese pasear polo seu interior e atoparalo no cruzamento de Gran Vía con Urzáiz.
- O LOGO
Un dos puntos selfies imprescindibles do Nadal. Está situado ao comezo da rúa Urzáiz e combina os símbolos máis rechamantes da ornamentación do Nadal na palabra VIGO.
ATRACIÓNS
- A NORIA
É a atracción por excelencia do Nadal en Vigo. Situada na rúa Colón, a nora é un dos elementos estrela da cidade nestas datas. Desde os seus 60 metros de altura, poderás gozar das luces do Nadal de Vigo desde o alto, ademais de contemplar as impresionantes vistas da Ría de Vigo desde o aire. Cando: do 24 de novembro de 2023 ao 14 de xaneiro de 2024. Horario:
- Laborables: Apertura ás 17:00 h, peche ás 22:30 h a excepción do 21 de decembro ao 16 de xaneiro (período vacacións de Nadal) peche ás 23:30 h
- Venres, sábados e vésperas de festivo, apertura as 11:00 h, peche ás 00:30 h
- Domingos e Festivos: Apertura ás 11:00 h, peche ás 00:00 h
Días 24 e 31 de decembro, apertura ás 11:00 h, peche ás 20:00 h e 5 de xaneiro apertura ás 11:00 H, peche ás 22:00 h.
Prezos:
- Ordinario: 5€
- Familias numerosas e Pass Vigo: 4€
- Persoas con discacidade e seus acompañantes, así como acompañantes de menores: de balde.
As entradas compradas con Pass Vigo terán entrada preferente ( Fast track)
- CARRUSEL VENECIANO
Ubicación: Porta do Sol
Datas e Horarios:
- Laborables: Apertura ás 17:00 h, peche ás 22:30 h a excepción do 21 de decembro ao 16 de xaneiro (período vacacións de Nadal) peche ás 23:30 h
- Venres, sábados e vésperas de festivo, apertura as 11:00 h, peche ás 00:30 h
- Domingos e Festivos: Apertura ás 11:00 h, peche ás 00:00 h
- Días 24 e 31 de decembro, apertura ás 11;00 h, peche ás 20:00 h e 5 de xaneiro apertura ás 11:00 H, peche ás 22:00 h
Prezo: 3€
- CASA DE PAPÁ NOEL
Papá Noel visitará Vigo e recibirá na súa casa, situada na rúa Policarpo Sanz, 25, a todos os nenos e nenas que queiran achegarse a saudar, sacarse unha foto e, de paso, deixarlle a súa lista de desexos para Noiteboa.
Datas e horarios:
Desde o 26 de novimbro ata o 24 de decembro
Tódolos días de 17:00 horas a 21:00 horas
Sábados e domingos, 6 de decembro, 8 de decembro e 23 de decembro:
de 11:00 horas a 14:00 horas e de 17:00 horas a 21:00 horas
24 de decembro: solo ata 19:00 horas