A horta galega
Nas prazas de abastos de Vigo poderás facerte á idea da variedade e calidade das froitas e verduras galegas: tomates “dos de antes”, saborosos pementos e froitas de temporada de produción local. Sorprenderante o seu aroma e os seus prezos. Na carta de calquera restaurante encontrarás os clásicos pementos de Padrón ou os grelos, que non son outra cousa que brotes de nabo, un alimento delicioso que só encontrarás en Galicia: exquisitos no caldo galego e no apreciado lacón con grelos. E, se visitas Vigo en outono, pasea polos parques forestais en busca de setas e castañas. Están boísimas!