Praia de Fortiñón

Unha praia nova e natural

A praia de Fortiñón ou praia de Saiáns é unha praia nova e animada, na que se pode practicar o nudismo. É, ademais, unha das praias máis fermosas de Vigo, con 150 m de longo por 30 de ancho e ondada asegurada todo o ano.  No entanto, está resgardada dos ventos en verán.

É unha das praias de beleza natural máis salvaxe, á que se descende por unha costa empinada e flanqueada de vexetación.  No entanto, non carece de servizos, como ducha, servizo de socorrismo as fins de semana de verán e bar na praia!

Más información sobre la Playa de Fortiñón

Pistas e recomendacións: 

Se vas en coche: non baixes con el ata o areal. Intenta aparcar no aparcamento xunto á estrada. É pequeno, polo que é recomendable chegar moi cedo ou desprazarse en bus urbano.

A uns poucos quilómetros está o primeiro parque forestal que se delimitou en Vigo, o parque forestal de Saiáns, con varias rutas de sendeirismo para camiñar contemplando a ría.

Como na Fontaíña, tamén se practica o nudismo.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Dimensións: 100x50m  

Bandeira Azul 2016

Liñas de autobús urbano: 
L10