Running

Saír a correr en Vigo

Espertarse e saír a correr pola praia: as túas vacacións en Vigo ofreceranche iso e moito máis. Porque Vigo é un paraíso verde para que corras sen descanso, no que poderás escoller entre parques urbanos, pistas deportivas como as de Balaídos, e sendeiros naturais. O límite marcalo ti.

Para carreiras a pé, non te compliques: no Parque de Castrelos tes un circuíto idóneo para que non abandones o teu adestramento diario mentres estás en Vigo. E para gozar dunhas carreiras de montaña, tes 12 parques forestais con diferentes perfís de desnivel, para elixir a dureza do percorrido.

As carreiras de fondo fanse nas grandes sendas: sorprenderante os percorridos tan variados e extensos que podes realizar no contorno da cidade.

Os retos tamén son unha cita clave e en Vigo poderás inscribirte nunha das carreiras máis tradicionais do norte de España: a Vig-Bay, unha media-maratón que discorre entre Vigo e Baiona, por unha espectacular estrada de costa, a finais de marzo.

Pistas e recomendacións: 

Consulta toda a información e inscricións para a media-maratón na web de Vig-Bay.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo