Vigo Innovación
Unha cidade que mira cara ao futuro
Vigo é innovación. É talento. Non só se distingue polo seu pasado industrial, tamén é o lugar no que trazar hoxe a industria do futuro. Coñece unhas cantas razóns para viaxar ao Vigo de negocios.
Os vigueses son os galegos máis emprendedores, e non é unha valoración subxectiva: ao clúster de automoción e ao liderado pesqueiro súmanse proxectos futuros que manteñen a cidade no máis alto do I+D+I. Por exemplo, o coche eléctrico: é unha das cidades europeas piloto para desenvolver todo o potencial destes vehículos, que xa se están fabricando en Vigo.
A Universidade de Vigo, con cinco centros de investigación propios, é punteira neste campo: o seu último fito foi crear o satélite Xatcobeo, xa en órbita para probar un software de radio reconfigurable en voo, comprobar como afecta a radiación dos aneis de Van Allen e despregar paneis solares.
Tamén se investiga para coñecer e preservar o noso medio mariño. Institucións como o Centro Oceanográfico de Vigo, que estuda desde 1917 as condicións para o desenvolvemento da acuicultura, ou como o Campus do Mar.
Desde institucións como o Consorcio da Zona Franca estanse dando os pasos para crear a futura Factoría de Innovación, un centro de excelencia para axudar ás pequenas e medianas empresas a desenvolver proxectos de I+D+i. Tamén se promoven congresos e convencións para planificar o Vigo do futuro, como o Foro Vigo Innovación.
Se vés a Vigo por negocios, bota un ollo aos nosos Plans para Executivos.
Información práctica
Oriéntate acerca dos congresos e feiras máis importantes de Vigo no Vigo Convention Bureau.