Vigo a motor
A automoción en Vigo, un sector esencial.
Vigo é o berce da automoción de Galicia. E nela fabrícanse moitos dos coches que percorren as rúas de medio mundo. En 1958 PSA Peugeot Citroën instalou na cidade a súa primeira factoría de automóbiles española. En medio século, nas universidades francesas comezou a estudarse o ‘caso Vigo’ ou o como non conformarse con posuír unha das principais plantas automobilísticas de España senón crear todo un clúster da automoción. Esta estrutura empresarial única en Europa fai que todas as pezas auxiliares do coche se fabriquen a menos de 60 km da planta viguesa de Citroën. Froito do seu traballo e o seu volume de exportacións xurdiu a Zona Franca de Vigo, unha das poucas do país. Por se todo isto fose pouco, só a factoría de Citroën en Vigo é, xunto con Inditex —o grupo de Zara—, a primeira empresa de Galicia en facturación e postos de traballo.
Hoxe, máis de 90 empresas galegas forman parte do clúster da automoción de Galicia, e a maioría teñen a súa sede en Vigo ou na súa área de influencia.
A zona de Balaídos, onde se enclava a factoría de PSA Peugeot Citroën, conta con varios parques urbanos e, a pesar do seu carácter industrial, conta con espazos moi agradables, como a Senda do Río Lagares.
Información práctica
-
Clúster de la Automoción de Galicia
-
Avda. Citroën, 3 y 5 - Edificio Zona Franca 1ª Planta
-
Teléfono:986 213 790
-
Web: