Mercados semanais ao aire libre

Explora os barrios de Vigo a través dos seus mercados

A paixón polas feiras (os nosos tradicionais mercados ao aire libre) en Vigo é tal, que somos a cidade de Galicia con máis mercados semanais.

Hai mercado semanal en Bouzas e Coia, dous dos barrios de Vigo máis emblemáticos, onde se celebra o domingo e o mércores, respectivamente. Estes mercados son as típicas feiras nas que podes atopar desde a camiseta de moda a sementes para a horta… e en todos, as famosísimas rosquillas, un delicioso doce local. É dicir: de todo. 

Pistas e recomendacións: 

Os mercados ao aire libre son unha das mellores formas de merguallarte na nosa cidade e coñecela a fondo. Leva cartos en metálico, porque aínda que vaias só “a mirar”, terminarás comprando algo.

Se vés en coche a Vigo, podes levar unhas boas mostras das nosas ricas froitas e verduras directas da horta… ou incluso un plantón dunha árbore froiteiro!

Información práctica: 

Consulta cómo chegar ós Barrios de Vigo.

Información e solicitudes para a venda ambulante no Concello de Vigo : http://hoxe.vigo.org/movemonos/comercio.php?lang=gal#/