Mercados de abastos
As prazas ou mercados de abastos de Vigo son o mellor reclamo gastronómico da cidade, nos que perderse nun mar de aromas e sabores, onde comprar produtos frescos e tradicionais.
En Vigo, temos prazas de abastos típicas, como a do Berbés, onde as pescantinas exhiben espectaculares mariscos, e prazas con avoengo, como a do Calvario, onde os veciños seguen indo cada mañá a comprar froita, verdura e o peixe máis variado. Non deixes de comprar pan galego e próbao nas súas múltiples variedades: de centeo ou millo, de bola ou de barra, de Cea ou con pasas e noces. Delicioso!
Pistas e recomendacións:
Párate a charlar coas pescantinas e descubre a mellor forma de preparalo: son auténticas expertas.