Zamáns

Un barrio ideal para as actividades ao aire libre

Zamáns non chega a 800 veciños e é unha das parroquias máis fermosas de Vigo: ao pé do monte Galiñeiro, no punto xeográfico máis alto do Val do Fragoso. Atravésaa o río que lle dá nome, que forma un embalse que nutre de auga á comarca creando un fermosísimo lago para practicar a pesca, rodeado de sendeiros naturais. Destaca unha ruta que percorre os antigos muíños ao longo do río. En Zamáns tamén atoparás cortes desde as que organizar unha fantástica ruta a cabalo.

Pistas e recomendacións: 

Fíxate nas súas numerosas fontes, lavadoiros e fermosos muíños, como o de As Maquías. Moi preto, en Lagoas-Marcosende, levántase a Cidade Universitaria de Vigo, un espectacular proxecto arquitectónico.

A parroquia celebra a súa festas, en honor á Virxe dos Aflixidos, entre finais de agosto e setembro.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Habitantes: alrededor de 800