Matamá

O barrio de raíces tradicionais

Matamá soa a folk, a música tradicional galega e a coral, e a forma máis auténtica de escoitala é nunha festa popular.

Non sería raro que a túa viaxe coincida con algunha, como a de San Mauro, en xaneiro, a de Nosa Señora das Neves ou a Festa do Socio (ambas en agosto). Non as perdas: diferentes agrupacións musicais e gastronomía tradicional, como o polbo á feira, animan sempre estes encontros.

Aquí se celebra tamén a Festa da Sementeira do Millo, a finais de abril, e nela recupéranse as costumes da sementeira do millo; realízase no propio muíño da Regueira.

Pistas e recomendacións: 

A parroquia mantén tradicións moi arraigadas en Galicia, como os furanchos, onde poderás probar as xoias gastronómicas da zona, que deben incluír algún produto do mar

En Matamá hai varias estacións de arte rupestre, como a do Monte Fabal ou a de Gáspara, e posúe 2 dos 14 poboados castrexos localizados en Vigo. Outras visitas interesantes son a igrexa de San Pedro, de estilo neoclásico e os muíños de auga de Balsa e Carneiras.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Habitantes: máis de 4.000