Naturnova

Unha viaxe didáctica pola natureza

Se viñeches a Vigo con nenos, visita o espazo Naturnova: o gran centro de educación ambiental e natureza da Sede Afundación Vigo, repartido en 37 módulos que se organizan en tres áreas temáticas: O Universo, A Biosfera, e o Home e o Medio.

O percorrido deste curioso centro cultural en Vigo comeza cunha visión do Universo, a nosa galaxia, o sistema solar e o planeta Terra. Del coñeceremos todos os elementos que condicionan a vida (o solo, a auga, o aire) e tamén aos seres vivos cos que compartimos o noso espazo.

A exposición educativa finaliza coa relación do home e o seu medio: como utiliza os recursos, como isto afecta ao contorno e como, actualmente, trata de solucionar os problemas que lle crearon.

Pistas e recomendacións: 

A visita libre para público xeral é só os sábados pola tarde. De martes a venres son visitas para grupos con reserva previa. O centro abre de 1 de outubro a 30 de xuño.

Naturnova está no edificio do Sede Afundación Vigo : aproveita para visitar a súa colección de arte galega e as súas exposicións temporais.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Horarios: 

Do 1 de outubro ó 30 de xuño

Sábados: de 17:30 a 20:30h