Mariscos: tempos de cocción
Para unha boa mariscada só te debes preocupar de conseguir o mellor produto do mar, por exemplo nos mercados de abastos ou nos viveiros da lonxa de Vigo. Sigue os seguintes pasos e listo!
Ingredientes: marisco, auga, sal mariño, loureiro.
Como cocer o marisco: mete o marisco vivo nunha ola con abundante auga fría (a ser posible auga de mar ou, no seu defecto, auga con abundante sal mariño groso). Engade unha folla de loureiro, pon a ola no lume e cando rompe a ferver, deixa que coza os minutos necesarios segundo o tipo de marisco.
Se o marisco non está vivo ou é conxelado, espera a que a auga estea quente antes de botalo á ola.
Por último, escorre ben o auga. Servir en frío.
Tipos de marisco |
g sal / l de auga |
Minutos de cocción |
Boi mediano |
60 |
20 |
Boi grande |
60 |
25 |
Camarón |
60 |
1 ou 2 |
Centolo grande |
60 |
20 |
Centolo mediano |
60 |
18 |
Cigala grande |
60 |
1 e1/2 |
Gamba |
60 |
3 |
Lagosta mediana |
60 |
20 |
Lagosta grande |
60 |
30 |
Lagostino mediano |
60 |
1 e 1/2 |
Lagostino grande |
60 |
2 |
Lumbrigante mediano |
60 |
25 |
Lumbrigante |
60 |
30 |
Nécora pequena |
60 |
6 |
Nécora grande |
60 |
8 |
Percebe |
70 |
1 ou 2 |