Fundación Sales

Explora el jardín más exótico

A Fundación Sales é un romántico e exótico xardín cheo de recunchos e refuxios para o corpo e o espírito. Ten 6000 m2 e existe unha gran variedade de plantas terrestres e acuáticas. Deseñado por Francisco de Sales Covelo na década dos sesenta, este xardín urbano de Vigo ofrece carreiros con especies de remota procedencia que farán as delicias dos afeccionados á botánica. Tamén podes comprar roseiras inglesas e participar en diferentes actividades que realizan de marzo a decembro

Pistas e recomendacións: 

A entrada custa 2 euros e podes consultar a programación, talleres, eventos, concertos, visitas guiadas nas súas redes sociais e páxina web

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica