Deporte náutico
Actividades náuticas na ría de Vigo
Os deportes náuticos que podes practicar en Vigo son infinitos: vela, surf, mergullo, piragüismo, kaiak, kite, windsurf, motonáutica, paddle surf, pesca deportiva… Só tes que elixir o que máis se adapte a ti e aproveitar as túas vacacións en Vigo para gozar duns días apaixonantes sucando as ondas da ría de maior calado das Rías Baixas.
Navega ata calas escondidas, fondea co teu barco en Cíes, anímate a reservar unhas piraguas en Vigo cos teus amigos e facer unha travesía ao longo da costa da cidade, parando nas súas marabillosas praias, ou aproveita para mergullar na ría de Vigo e descubrir algún deses tesouros que di a lenda que se esconden nos seus fondos mariños.
As actividades náuticas son un complemento perfecto para gozar ao máximo dunha escapada a Vigo e sorprenderte con paisaxes únicas que só poderás encontrar neste recuncho do norte de España.
Descubre que poden ofrecerte as empresas de deportes náuticos de Vigo e regálate unhas vacacións diferentes.