Cristo da Vitoria

A imaxe relixiosa máis venerada de Vigo

O Cristo da Vitoria é a imaxe relixiosa máis venerada de Vigo. A escultura viguesa atribúese a Sebastián Ucete, e foi un regalo á cidade do industrial catalán afincado en Vigo Marcó del Pont na segunda metade dos século XVIII.

A historia desta escultura relixiosa de Vigo xa é lendaria e existen diferentes versións sobre o seu periplo: cóntase que a imaxe foi arroxada ao mar, quizais por unha tempestade, ou quizais para evitar que caese en mans dos piratas ingleses. Tras ser rescatada por un mercante que transportaba sal, preto das Illas Cíes, déuselle o nome do Cristo da Sal. Hoxe pode contemplarse na Colexiata, a Igrexa de Santa María.

O nome de Cristo da Vitoria provén de 1809, cando os vigueses lle atribuíron a vitoria sobre as tropas napoleónicas que invadiron a cidade, fito que o barrio histórico de Vigo celebra cada mes de marzo coa Reconquista.

Pistas e recomendacións: 

A imaxe do Cristo da Vitoria sae en procesión da Colexiata cada primeiro domingo de agosto, e é a cita relixiosa máis multitudinaria da cidade, en plenas Festas de Vigo.  

Se nunca antes viches unha procesión católica, sorprenderache o carácter solemne e intenso desta convocatoria tan multitudinaria baseada na devoción.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica