Coruxo
Entre praias e xacementos arqueolóxicos
Coruxo é un barrio de costa, salpicado de praias. Un paraíso que os romanos converteron en zona residencial. O seu parque forestal ofrece unhas das vistas máis espectaculares da ría de Vigo e desde o areal do Vao poderás cruzar a ponte —onde sempre hai alguén pescando— que o separa da Illa de Toralla e bañarte na única praia de Vigo que mira cara ao sur.
Se es afeccionado á bici de montaña, os montes de Coruxo son ideais para un bo adestramento. Habitualmente celébrase neste barrio un torneo no que compiten campións internacionais.
Visita a igrexa románica de San Salvador de Coruxo, do século XII. E non esquezas que estás nunha zona con moitos restos arqueolóxicos: os petróglifos de Fragoselo e os de Castiñeirón, entre outros.
En xuño, nos arredores da fermosa capela de San Sebastián, a parroquia celebra a súa festa grande, e na capela do Vao, as da Virxe do Carme a mediados de xullo.
![Turismo de Vigo](https://turismodevigo.org/sites/turismodevigo/files/styles/square_thumbnail/public/vigo_coruxo_playa_o_vao_0.jpg?itok=v2F49Zlv)
![Turismo de Vigo](https://turismodevigo.org/sites/turismodevigo/files/styles/square_thumbnail/public/vigo_coruxo_toralla_puente.jpg?itok=2XFOCouT)
Información práctica
Habitantes: 5.271