Conxemar

Visita a feira máis importante de Galicia

Conxemar é a feira anual máis importante de Galicia, tanto por cifra de visitantes como por volume de negocio. Para valorar o seu potencial, basta dicir que o Instituto Feiral de Vigo tivo que ser ampliado fai años a causa desta Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, que congrega cada ano a medio millar de expositores. Nas últimas edicións superou un volume de negocio de 1.000 millóns de euros e trouxo a uns 25.000 visitantes de todo o mundo. Conxemar é clave no sector pesqueiro galego, pois nesta cita está representado todo, desde o extractivo ao almacenador, pasando polos distribuidores.

Pistas e recomendacións: 

Conxemar celébrase sempre en outubro e o seu impacto na cidade é tal que un mes antes é xa case imposible reservar hotel en Vigo. Se decidiches vir á feira, ou se as túas vacacións en Vigo coinciden con ela, reserva coa maior antelación posible.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica