Casa Galega da Cultura
Visita a antiga casa do concello de Vigo
A Casa Galega da Cultura é un centro multidisciplinar que combina a programación de actividades artísticas e literarias en Vigo coa existencia dun fondo bibliográfico e museográfico baseado no estudo da realidade histórica e actual de Galicia.
Ademais do edificio principal, engloba o da Biblioteca Penzol, acolle o Museo Francisco Fernández del Riego e conserva fondos da biblioteca deste personaxe clave na historia de Vigo: escritor, intelectual e político que traballou toda a súa vida en favor da cultura galega.
A sede principal, de estilo ecléctico, é un dos edificios máis antigos do centro de Vigo, e ata os anos 70 albergou a casa do concello.
Estás en pleno barrio histórico de Vigo, así que por que non aproveitas o resto do día para percorrelo? Encontrarás edificios emblemáticos, gastronomía… e, se se fai tarde, lembra que é unha das zonas ideais para empezar a noite en Vigo.
Información práctica
-
Plza. da Princesa, 2
-
Teléfono:986 226 459 / 986 220
-
Fax:986 229 081