Actualidade

mércores, 1 Xullo, 2026 - 14:18
Turismo de Vigo

As festas de Bouzas son, seguramente, as festas máis famosas de todos os barrios de Vigo grazas a gran espectáculo pirotécnico que as pecha: os fogos de Bouzas. Celébranse dende o 17 ao 21 de xullo. Durante 5 longos días o barrio énchese de postos de comida, bares ao aire libre, atraccións para nenos (e non tan nenos) e de verbenas.

A festa celébrase en honor ao Cristo...

sábado, 13 Xuño, 2026 - 11:52
Turismo de Vigo

Os concertos en Castrelos son únicos: se tes a sorte de que a túa estancia en Vigo coincida cunha noite de concerto no Auditorio de Castrelos, nin o penses, vai!

Castrelos é o único auditorio ao aire libre de Vigo, un lugar máxico. Está situado en pleno Parque de Castrelos e ten unha parte de pago con aforo para unhas 5.000 persoas, pero detrás deste enorme foso hai gradas de acceso gratuíto para máis de 10.000 persoas.

O Auditorio de Castrelos...

domingo, 7 Xuño, 2026 - 13:12
Turismo de Vigo

Aínda non coñeces as praias de Vigo? Son un dos maiores atractivos da cidade. As praias da ría de Vigo sorprenderante: nada que ver con outros areais urbanos pouco atractivos, incómodos ou abarrotados. A 10 minutos do pleno centro de Vigo, as praias son de area branca e fina, augas transparentes e para todos os gustos: praias familiares, calas salvaxes, areais con ondas para practicar deportes acuáticos e tamén praias nudistas. En 2024, 12 praias de Vigo foron distinguidas coa ...

luns, 25 Maio, 2026 - 11:51
Turismo de Vigo

A noite do 23 ao 24 de xuño, miles de fogueiras iluminan a noite de San Xoán para celebrar a chegada do solsticio de verán. Chega a noite meiga, unha celebración chea de ritos, tradicións, crenzas e supersticións, porque como dicimos en Galicia “meigas, habelas, hailas”. Aquí tes as 5 experiencias que non te podes perder:

PREPARAR O CACHO

Segundo a tradición, para preparar o “cacho” debe recollerse auga de sete fontes e engadirlle as “herbas de San Xoán...

Páxinas