Vas co monopatín ou coa bici a todas partes? Es unha máquina do break dance? Entón non podes faltar á cita co maior festival de deporte urbano do norte de España. O marisquiño.
Escapa a Vigo do 8 ao 11 de agosto e goza cos teus amigos dun ambiente incrible, aprende novas técnicas dos teus ídolos do deporte urbano e descubre os mellores recantos para patinar, adestrar e pórte a proba. No monte do Castro ou en Navia atoparás ramplas e a tranquilidade para practicares coa bici ata o anoitecer. Tamén podes...