Moitas persoas achéganse nestas datas a cemiterios e camposantos para lembrar e honrar a aqueles que xa non están entre nós. Así se manifesta a ancestral tradición que achega o mundo dos vivos e dos mortos unha vez recollidas as colleitas e co declinar da luz solar. Este sentir común recibe nomes diferentes en cada cultura: Samaín, Halloween, Defuntos, Santa Morte...
Pereiró é o maior cemiterio de Vigo. De propiedade municipal, foi proxectado por Jenaro de la Fuente a finais do s. XIX. A súa arquitectura e escultura funeraria alcanzan notable importancia e son...