Se vas pasar varios días nas Rías Baixas e queres visitar os seus lugares máis emblemáticos, recomendámosche que establezas a túa base en Vigo, polo seu encanto e polas súas boas comunicacións con outras poboacións. Atoparás unha chea de opcións e plans “low cost” que farán que dediques varios días a descubrir esta cidade. A maior urbe de Galicia conta con opcións de aloxamento para todos os petos. Se buscas un lugar económico onde durmir, en Vigo podes elixir entre albergues, pousadas ou cámpings...
Actualidade
A arte de tomar as ostras naceu en Vigo no barrio histórico. Non se sabe desde cando, pero xa eran famosas entre a tropa francesa durante a Reconquista! Na rúa da Pescadería ou das ostras desfrútase ao mediodía destes deliciosos bivalvos acompañados dun bo albariño, un ribeiro ou unha cana de cervexa. É todo un espectáculo o das ostreiras a abrir o seu fresquísimo produto con incrible habilidade e rapidez, moi celebrada pola multitude de clientes que apenas teñen que agardar mentres se despachan centos de ostras...
Xusto fronte á entrada ao porto pesqueiro de Vigo está o Kiosco das Almas Perdidas, a taberna que acolleu no pasado século a artistas e bohemios que non durmían a noite e a traballadores que tanto madrugaban, que o amencer os atopaba tomando o café con gotas de despois de comer; café ou o “Sol e sombra”, combinado capaz de evaporar a peor molladura dun temporal atlántico; ou a desesperanza dunha nova reconversión naval das que encarnou Luís Tosar no cine.
O seu evocador nome e...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14