Vigo é o mellor destino para empezar a coidarte e cumprir os teus propósitos de ano novo.
Que mellor xeito de coller forzas para o ano entrante que relaxándote nun spa, balneario ou talaso! Ven ás Rías Baixas e elixe o tratamento que mellor se axuste ás túas necesidades, xa sexa terapéutico, lúdico, de beleza ou de relax. Para os que nos visitan por negocios, contamos tamén con numerosos spas urbanos onde deixar atrás o estrés dunha intensa xornada laboral, entre outros...