DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN VIGO
luns, 4 Maio 2026

O 17 de maio de 1863 a imprenta de Juan Compañel, sita no corazón do barrio histórico de Vigo, imprimía o manuscrito de “Cantares Gallegos“ obra de Rosalía de Castro. Este fermoso libro de poemas -que non te podes perder- escrito na lingua propia de Galicia, marca o inicio do “Rexurdimento“ para o galego escrito, tras oito séculos refuxiado na fala e alleado da escrita e do rexistro culto, aínda que fora lengua de reis e trobadores na idade media.
En honra e lembranza deste fito literario, cada 17 de maio, a proposta da Real Academia da Lingua Galega, Galicia homenaxea a aquela persoa que destaca pola súa aportación a nosa lingua, que hoxe é co-oficial co castelán. O promotor desa iniciativa foi un vigués de adopción: Francisco Fernández del Riego, escritor vencellado co grupo Galaxia, unha das industrias culturais de Vigo máis significativas de finais do
Este ano está dedicado á viguesa Begoña Caamaño Rascado. Begoña traballou en Radio Galega, onde dirixiu programas culturais e defendeu un xornalismo ético e comprometido. Como escritora, deixounos obras inolvidables como Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), galardoadas con premios como o Ánxel Casal e o da Crítica de narrativa galega.
Aínda que deixou proxectos inconclusos, o seu legado literario e cultural continúa sendo un referente da literatura galega e unha inspiración para novas xeracións.
Escolle o teu libro e ¡Feliz Día!