Xacemento do Castro

Coñece as orixes de Vigo no Castro

O xacemento do Castro é o xacemento arqueolóxico de Vigo por excelencia: del xurdiu a que é hoxe a maior cidade de Galicia, entre os séculos II a.C e III d.C. Cando pises as pedras do xacemento musealizado O Castro de Vigo. A Orixe da cidade descubrirás onde habitaron os primeiros vigueses.

O Castro é un xacemento arqueolóxico de 1.800 m² que inclúe a reconstrución de 3 edificacións castrexas dun dos poboados máis extensos e evolucionados de Galicia. Esta pequena parte do oppidum de Vigo ensínanos como vivían os habitantes dos castros hai 2.000 anos.

Pistas e recomendacións: 

O xacemento arqueolóxico alóxase na ladeira do Monte do Castro, en pleno centro de Vigo. Aproveita para percorrer as súas sendas naturais ata a súa cima, onde verás os restos da antiga cidade amurallada e poderás gozar do esplendor da ría de Vigo desde o miradoiro do Castro.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Monte de O Castro
  • Teléfono: 
    986 810 260
Horarios: 

De outubro a xuño:

Martes e venres: de 11:00 a 13:00h  

Venres e sábados: de 16:00 a 18:00h

De xullo a setembro:

De martes a venres: de 11:00 a 13:00h.

Sábados: 17:00 a 19:00h.

Reserva previa: 986 810 260