Vigo Aventura

Programa

Día 1 Coñeceremos as históricas rúas do Casco Vello de Vigo realizando unha ruta de tapas e degustando algunhas das delicias que a gastronomía viguesa nos ofrece.

Día 2 Gozaremos dunha actividade náutica de aproximadamente 2 horas na ría de Vigo. Ademais queremos que coñezas a noite viguesa; para iso propoñémosche degustar unha copa en 2 locais e vivir Vigo dunha maneira moi especial.

Día 3 Non marcharemos sen visitar antes a Rúa Pescadería e probar as famosísimas ostras que aquí se serven ou, se prefires, poderás relaxarte antes de volveres á casa cun circuíto de spa ou masaxe. Despídete vivindo Vigo como prefiras.


Prezo

209 €/persoa

O prezo inclúe:

  • Estancia de 2 noites de aloxamento e almorzo en cuarto dobre, hotel de 4*

  • Actividade náutica, travesía nunha embarcación sen título de patrón, con duración de 2 horas para 4 prazas.

  • Coche de alugamento para 2 días. Seguros incluídos: CD2, TP, PAI, SCDW

  • Ruta de tapas que inclúe 1 tapa e 1 consumición en 3 locais diferentes

  • Ruta de copas que inclúe 1 copa en 2 locais diferentes

  • Seguro de viaxe

Opcional

  • Submarinismo

  • Reserva de entradas e restaurantes

  • Xestión de billetes de avión

  • Posibilidade de ampliar a viaxe

  • Reserva de spa ou masaxe


Condicións

  • Prezo calculado sobre a base de 4 persoas en cuarto dobre.
  • Servizos suxeitos a dispoñibilidade á hora de facer a reserva.
  • Consultar suplemento para reservas individuais ou máis persoas.
  • Proposta de itinerario personalizable segundo preferencias do cliente.

Información práctica