Sendeirismo

Descubre os camiños naturais de Vigo

Gústache o sendeirismo? Queres aproveitar as túas vacacións para facer unhas rutas de natureza polo sur de Galicia? Pois non o penses máis: colle a túa mochila e atrévete a descubrir os camiños naturais de Vigo. A oferta de rutas de sendeirismo en Vigo é amplísima, non en van está rodeada por fermosas montañas. Sería imposible recomendar unha soa, porque todas son magníficas…

Se vés a Vigo en familia, o mellor son os parques forestais, con rutas sinxelas e zonas de pícnic, como o de Saiáns ou Bembrive.

Para unha viaxe a Vigo con amigos,  a proposta cambia: podedes animarvos a percorrer unha das grandes sendas de Vigo, só aptas para camiñantes avanzados.  

Se o que che gusta é camiñar xunto ao mar, tes rutas pola costa de Vigo, como a Senda Azul.

Se es sendeirista experto e amante dos percorridos históricos, o Camiño de Santiago portugués pasa por Vigo na súa variante costeira: aquí poderás comezar a túa viaxe a pé polas fermosas Rías Baixas.

E se dispós de pouco tempo, sempre podes realizar rutas por parques urbanos que te somerxen en plena natureza sen saír do centro da cidade, como a do Monte do Castro.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo