Os Cabalos
Os Cabalos de Oliveira na Praza de España
A entrada en Vigo de Os Cabalos de Juan José Oliveira en 1991 está gravada na memoria de todos os vigueses: este impresionante conxunto escultórico alcanza os 18 m de altura, e desde que ocupou o seu sitio, sobre un enorme estanque na Praza de España, non deixa de marabillar a vigueses e visitantes. Esta escultura emblemática de Vigo, que pesa 40 toneladas, representa a unha manada de cinco cabalos que ascenden cara ao ceo por unha cascada.
Coñécese a Oliveira como o Señor dos Cabalos, por ser o tema central da súa obra, que gustaba de representalos como movidos por unha enerxía intrínseca que os despega do chan en complicados escorzos. A obra da Praza de España é central para comprender a súa traxectoria artística.
Nin o lugar escollido para situar o monumento nin as súas figuras son casuais: a uns metros dela, no Monte do Castro, antigamente habitaron cabalos salvaxes, que agora pacen noutros montes de Vigo.
Información práctica
-
Pza. de España