O sereo
O home-peixe sobre a Porta do Sol
O Sereo é o monumento de Vigo por excelencia. Erguido na Porta do Sol, esta obra do escultor galego Francisco Leiro é un dos símbolos do Vigo moderno, impresionante pola súa factura e polo elevadísimo pedestal sobre o que se sitúa a estatua. A escultura, instalada en 1991, representa a un personaxe imaxinario, un híbrido de peixe e home, e converteuse nun dos monumentos máis representativos de Vigo grazas á súa rabiosa modernidade, como un espello de Vigo, á que vixía desde a súa altura.
Na Porta do Sol podes ter un pé no barrio histórico de Vigo e outro no Ensanche, aproveita para percorrer o centro da cidade.
En Vigo hai 2 puntos de encontro imprescindibles: O Farol e O Sereo. Non o esquezas cando te cites cun vigués, porque seguramente che dea algunha destas referencias, que, curiosamente, son un dos monumentos máis antigos e máis modernos, respectivamente, da nosa urbe, e marcan o inicio e o fin da rúa do Príncipe, eixo da maior zona comercial de Vigo.
Información práctica
-
Puerta de Sol