A noite de Vigo
Vigo, a cidade que nunca dorme
Vigo, a cidade que nunca dorme
Aínda te estás a preguntar que facer en Vigo de noite? Vigo é a cidade que nunca dorme, a cidade da festa. Sexa a hora que sexa, encontrarás unha zona na que bailar, ver un concerto, saír de copas ou simplemente terracear cos teus amigos.
Nun radio relativamente pequeno e sen desprazamentos incómodos, vaste encontrar de todo: sitios tranquilos de primeira hora, locais de concertos, bares de ambiente, os garitos máis indie de Vigo, pubs e coctelarías chic, discotecas de baile e incluso after-hours. Imposible que non encontres a noite de Vigo máis apropiada para ti.