Visita ao porto para escolares
Entre o peixe e o prato, un 'mariñeiro'
Esta visita guiada polo porto de Vigo está especialmente deseñada para escolares e veciños de Vigo. E é que o porto pesqueiro de Vigo é, ás veces, incluso un gran segredo para os vigueses. A ruta permite ver desde dentro como se traballa co peixe que cada día se desembarca en Vigo antes de partir cara a todo o continente.
Que fan os mariñeiros de Vigo? Como traballan? No porto de Vigo desenrolan o seu traballo diariamente máis de 2.000 persoas que descargan, preparan, venden e empaquetan o peixe. Con esta visita guiada poderemos descubrir os seus espazos de traballo, habitualmente restrinxidos. Mariñeiros, armadores, escabicheiros, carreteiros, despezadores, poxadores, viveiristas, pescantinas e un longo etcétera de profesionais ligados ao traballo da lonxa compartirán ruta contigo.
O mellor horario de visita é o de madrugada, que é cando o porto ten máis actividade.
Información práctica
-
Oficina de Turismo de Vigo
-
Estación Marítima
-
Teléfono:986 268 000
-
Correo electrónico: