Servizos de saúde e emerxencias

Os servizos de saúde pública e emerxencias de Vigo están preparados para atender as necesidades de todos os seus visitantes: farmacias, centros de saúde, urxencias… O sistema sanitario galego chámase Sergas e está concertado co resto de servizos sanitarios españois en prestación sanitaria. Pero se estás tomando medicación para algunha enfermidade crónica, non esquezas traela na maleta ou terás que pagar polos teus fármacos.

En Vigo hai dous grandes hospitais públicos: o Álvaro Cunqueiro e Hospital do Meixoeiro. E dous hospitais concertados: Povisa e Fátima; ademais de centros de saúde en todos os barrios.

Páxinas