Alugueiro de vehículos
O aluguer de coche en Vigo ou de bicicletas é unha opción perfecta para unhas vacacións sen complicacións. Se chegaches á cidade en avión ou en tren e estás pensando como moverte por Vigo, podes alugar diferentes tipos de vehículos para descubrir a cidade.
No mesmo aeroporto de Vigo podes alugar un coche. As principais compañías nacionais teñen unha oficina en Peinador, onde ademais poderás deixar o vehículo cando marches.
Se che apetece máis percorrer Vigo en bici, alugar unha bicicleta eléctrica en Vigo pode ser unha boa idea se tes previsto visitar varias zonas, porque che dará máis autonomía.
E se es dos que prefire probar cousas novas, que tal facer o percorrido polo centro de Vigo en Segway? Podedes alugalo en familia e dar unha volta dunha forma rápida e divertida.