Acampar en Cíes

Queda a durmir en Cíes

A única forma de acampar en Cíes é reservando parcela no seu cámping, de 800 prazas. Faino sempre con antelación porque é o máis demandado da provincia. Está situado nun contorno natural máxico, no que durmirás escoitando a ondada e espertarás co son das gaivotas patiamarelas, unha especie que ten en Cíes a súa maior colonia europea.

O cámping de Cíes ocupa 40.000 metros cadrados, está a 50 m da praia e ten restaurante, cafetería, tenda e salón social. Podes incluso alugar alí a tenda de campaña se viñeches a Vigo sen ela. Alúganse con cama e somier incluídos, para que durmas comodamente.

Pistas e recomendacións: 

No cámping de Cíes non hai luz eléctrica, así que leva lanternas ou cámping-gas.

Sé extremadamente coidadoso: estás acampando nun contorno protexido.

Para realizar a reserva no camping, podes facelo a través da súa web, www.campingislascies.com ou na oficina do camping, situada na estación marítima de Vigo, onde se colle o barco á illa.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Información no restaurante: 986 687 504

restaurante@campingislascies.com