Acampar en Cíes
Queda a durmir en Cíes
A única forma de acampar en Cíes é reservando parcela no seu cámping, de 800 prazas. Faino sempre con antelación porque é o máis demandado da provincia. Está situado nun contorno natural máxico, no que durmirás escoitando a ondada e espertarás co son das gaivotas patiamarelas, unha especie que ten en Cíes a súa maior colonia europea.
O cámping de Cíes ocupa 40.000 metros cadrados, está a 50 m da praia e ten restaurante, cafetería, tenda e salón social. Podes incluso alugar alí a tenda de campaña se viñeches a Vigo sen ela. Alúganse con cama e somier incluídos, para que durmas comodamente.
No cámping de Cíes non hai luz eléctrica, así que leva lanternas ou cámping-gas.
Sé extremadamente coidadoso: estás acampando nun contorno protexido.
Para realizar a reserva no camping, podes facelo a través da súa web, www.campingislascies.com ou na oficina do camping, situada na estación marítima de Vigo, onde se colle o barco á illa.
Información práctica
-
Camping Islas Cíes
-
Teléfono:986438358