Un mar de noites
Saír por Vigo é unha experiencia imprescindible para todo aquel que visita a cidade. Non esaxeramos cando dicimos que Vigo é a capital do ocio nocturno en Galicia e unha das cidades máis cosmopolitas do norte de España, con rutas de marcha para todos os gustos, para todos os petos e para todas as idades. Tampouco o horario é problema: podes saír de noite en Vigo e gozar de sol a sol… e empezar de novo.
Descubre con Turismo de Vigo Un Mar de Noites: as zonas de marcha que non te debes perder, plans especiais para unha noite irrepetible e os segredos do Vigo máis nocturno.