Monumento do Bicentenario
A escultura de Silverio Rivas que reflicte a luz da ría
A escultura de Silverio Rivas que reflicte a luz da ría
O Monumento do Bicentenario é unha das máis recentes esculturas que pasou a formar parte do Vigo Monumental, un símbolo que conmemora o Bicentenario do nacemento de Vigo como cidade tras a expulsión dos franceses na Reconquista.
Trátase dunha obra do escultor Silverio Rivas, que cos seus 5 m de altura en aceiro representa unha simbiose entre os símbolos do escudo de Vigo —a torre e a oliveira— e a realidade actual do municipio. Así, cada folla da oliveira representa unha das parroquias do municipio. Enriba da árbore, a modo de coroa, represéntase o mapa completo de Vigo.
Pistas e recomendacións:
Se che gusta a obra de Silverio Rivas, achégate á Praza de América para apreciar a monumental Porta do Atlántico.
Información práctica
-
C/ Camelias