La Iguana Club
La Iguana Club leva máis de dúas décadas dando guerra. Coñecido como “o templo do rock”, é probablemente o local de música máis lendario de Vigo. Os neoiorquinos The devil dogs foron a primeira banda en subirse ao mítico escenario de La Iguana, en dicembre de 1990, e, desde aquela noite, non volveu a estar baleiro unha fin de semana.
Por La Iguana Club pasaron Green Day, Offspring, Mano Negra, Los Planetas e Andrés Calamaro, entre moitos outros, pero a sala de conceertos viguesa nunca esqueceu tender a súa man a novas formacións, e niso reside en gran parte o segredo do seu éxito.
En La Iguana soa rock e moita música independente. O ambiente lembra aos clubs londinienses, co escenario na parte baixa, escuro e pegado ao público.
Información práctica
-
C/ Churruca, 14
Zona: Churruca